Benvidos á miña Bitácora!
Boeno, dalgún xeito teño que comezar. Non?
E dar a benvida a quen dea con esta paxina na Rede e ta unha ideia tan boa como calquer-outra.
A xente que me coñece de cotío sabe ben que son unha persoa dada a falar de calquer cousa, e que moitos son os temas do meu interese. Como xa dou moita leria en vivo e en direito pareceume ben levar a miña verborrea á Internete.
Todo sexa dito, ainda que comezo a escribires neste blog nun remendo de galego normativo a miña intenzón e ir pasando paseniño ao Reintegrado. Pero como ainda non teño seguridade dabondo nesa norma non arranquei a compoñer nela. Todo se andará!