Technorati Profile
O demo me leve
quarta-feira, setembro 28, 2005
  Um pouco de arte e desenho non fam mal...

Dempois da mensagem doutro dia sodes quem de pensar que som um home de ciença sem interese por o arte... ¡Pois nom!

Ainda o outro dia estivem a ver umha exposiçom interesantíssima sobre a obra de Marcel Breuer na "Fundación Pedro Barrié de la Maza" . Pode que nom vos soe o nome (ou pode que si) pero os seus desenhos de mobles feitos com tubos de metal industral, aprobeitando as innovaçoms nos meios de produçom. A verdade é que fiquei abraido nom só por as suas obras em desenho de mobleria: O macho tinha um bo olho para que lhe encarregasen projectos arquitectónicos moi gorentosos! Home, a sua obra está moi centrada em grandes estructuras de formigón visto (Nota-se que fun ve-la com Victor e mais Mourin?) trabalhada dempois a mau, picada, raspada... e isso favorecía a sua eleçom para trabalhos mastodónicos (Igrejas, grandes bibliotecas, centros culturais, museos nacionais...).

Podedes botar-lhe um olho ao seu trabalho nesta pagina: http://www.marcelbreuer.org/
 
domingo, setembro 25, 2005
  Creazón de Anti-materia fria e xelados que desprenden raios Gamma...

Comentei o outro dia que lera un artigo (se premedes podedes consultar un resumo na edizón americana da revista orixinal ) sobre a criazón de anti-materia fría en laboratorio. O artigo apareceu na "Investigación y Ciencia" , a revistiña que me chucha 6 iuros ao mes... (inda é mais caro o preve co peixe, que di o meu avo). E unha sinsete do traballo de Graham P. Collins sobre os traballos dos grupos de traballo de CERN sobre a materia: Os ATRAP e os ATHENA. Toda a búsqueda é co gallo de estudares a violazón da Simetría CPT. Os anti-protóns criados coas técnicas actuais teñen unha enerxía meiranda da que poden confiar as trampas magnéticas a dispor da cienza actual. Ademais, anti-particulas tan veloces non se poden estudar de xeito útil no caso da simetría CPT.

Se vos interesa o tema vos recomendo o artigo, tede por seguro que deu para moita conversa entre os físicos asiduos ao meu piso (e que dara para mais). Ademais o tal Graham e moi friki (e autor de sci-fi e fantasí, ademais de artigos científicos propiamente ditos) e non puido resistir a tentazón de incluir un recadriño falando das aplicacións espaciais da anti-materia.... moi moi interesantes....
 
sexta-feira, setembro 23, 2005
  O Noso monte importa
O NOSO MONTE IMPORTA!!
 
  Imos tirando...
A pesares da dor de moas marchei a Fene, a pasar un dia con Carlinhos. Ensinoume o lugar e mais Ferrol, e coñecín a facultade onde vai ir o meu irmán (Soame ben raro dicilo! Meu irmán xa vai á universidade. Que rápido medran os condenados! ;) ). Ao final segue querendo facer Deseño Industrial, espero que se lle de ben.

Quedei en Fene mais tempo do que tiña previsto. Há unha greve de buses de Arriva e soiamente circulan a primeiriña hora da mañá e a derradeira do serán. Non me decaite cando merquei o billete, e quedeime tirado un dia enteiro. Mais aproveitei para pasalo ben e coñecer á familia do meu amigo.

En outra orde de cousas estiven a ler un artigo na Investigación y Ciencia sobre xerazón de anti-materia fria. É moi interensate. En canto teña mais ganas (estou un pouco desleigado) poño algunhas ligazóns de interese.

Dito!
 
terça-feira, setembro 20, 2005
  Queixumes dos pinhos
(Imaxen collida da páxina dos amigos de Aduaneiros)

Miña nai querida que dia levo! Estáseme a romper unha encia por culpa de unha moa e estouno a pasar putas. Teño cita dentro dunha hora co dentista, pero creo que pouco vai poder facer. O mais probable é que me escaralle o dia que tiña planeado en Fene. Que se lle vai facer.
 
segunda-feira, setembro 19, 2005
  Rematei
Non mo podo crer! Rematei os exames. E non só iso: Saquei todas!
33 creditos sacados con moita sudor, sangue e horas de estudo intenso, pero sacados de todas todas. E o ano que ben a traballar ainda mais. Ao final xa veredes como recupero o ritmo de traballo.

Ademais voume matricular en dous asignaturas de L.E. que pintan moi ben: "Econofísica" (Estudo da economía dende o punto de vista físico) e "Introducción á Lóxica formal" (O seu propio nome di todo). Ademais finiquitarei terceiro e poderei comezar o segundo ciclo. Iso se todo sae ben, pero síntome con forzas renovadas.

Ademais diso, antes de marchares de Santiago pasei por o COIE (Onde un matricúlase, pide as becas e todas esas cousas...) co gallo de coller o sobre de matricula e de pasada aproveitei para falar cunha amiga que teño alí. Non sei como foi a cousa pero comenteillo o problema que teño cun curso que fixen fai dous anos en Salamanca, e que a USC non me recoñecía (Suponse que val 3 créditos, pero aquí non me deron nen un). A cousa e que a muller estranouse moito e fixo unhas chamadas e é mais que provabel que mos convaliden. ¡Tres créditos mais polo papo! (Boeno, non, que o cursió foi intensivo durante unha semana enteira, de nove a nove...).

Esta visto que todos saeme ben!... alomenos nos estudos. No plano persoal xa é outra cousa ben distinta.
 
"Si eu fixen tal mundo, que o demo me leve" Era o que dicía o deus de Curros Enriquez em "Mirand'o Chau". E pouco mais se pode dizer sobre o que acontece no mundo...

A minha foto
Nome:
Localização: Santiago de Compostela, Galiza









Image Hosted by ImageShack.us Apoiamos a Isaac Díaz Pardo


Image Hosted by ImageShack.us Get legal. Get OpenOffice.org

Arquivos
agosto 2005 / setembro 2005 / outubro 2005 / novembro 2005 / dezembro 2005 / janeiro 2006 / fevereiro 2006 / março 2006 / abril 2006 / maio 2006 / junho 2006 / julho 2006 / agosto 2006 /


Chuza news

As minhas chuzadas

Arte e desenho
Qui n'a pas appris à dire « elle et aucune autre » sait-il ce que c'est que l'amour ?Vincent van Gogh
  • Gatonegro
  • devianART
  • Aduaneiros sem fronteiras

  • Lingua, política e informaçom
    "O verdadeiro heroísmo consiste em trocar os anceios en realidades, as ideias em feito"-Castelao
  • VA-CA
  • AGAL
  • Arredemo!
  • Chuza!
  • Vieiros
  • Ediciós A RotondaEditora galega de livre distribuçom
  • Galicia Encantada

  • Ciência, Tecnologia e Sofware Ceive
    "The most exciting phrase to hear in science, the one that heralds new discoveries, is not 'Eureka!', but 'That's funny …"Isaac Asimov
  • Science A revista com maior contido em
  • SETI@home Um jeito de colaborares coa ciência dende casa
  • O GLUG Asociación de Usuarios de Linux de Galiza
  • Creative CommonsUm piar do "copi-ceive"
  • GNU Project O pai de tudo isto...

  • Ateismo, apostasia, sociedade laica e escepticismo
    "Je n'ai pas eu besoin de cette hypothèse" Pierre-Simon Laplace
  • James Randi Educational fundation
  • Sin Dioses
  • Concordato
  • Diario Ateista
  • Círculo Esceptico

  • Jogos de rol e em rede
  • Biblioteca de Cartago
  • O Tempo do CometaO projecto do amigo Gatonegro
  • As Crónicas de Gaidil Um futuro jogo galego. ogalha!
  • Ogame
  • Bite Fight

  • Blogues varios
  • Blogaliza Galego na rede!
  • Abril e revolução
  • Aranheira
  • A Regueifa
  • As tuas balas
  • A picara de Allegue
  • Cabaseria web
  • Carolate's Playground
  • Beliscos pequenos
  • Bretemas
  • Boedense
  • Carolate's Playground
  • Cinema Friki
  • decatroacatro
  • Dor na retina
  • Emerecindo
  • Estrela negra
  • Eueoseeuu
  • Facendome o sueco
  • Galego de seu
  • Intifada Gaiteira
  • Madeleine no espello
  • Nemeth
  • Lucensismo e outros males
  • Post Scriptum
  • Renas e veados
  • Sabela
  • Noite Subsahariana
  • Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com

    www.flickr.com
    Tawil Al Umr's photos More of Tawil Al Umr's photos
    Que disfarce levarias ao cristo que imos montar para a Apostasia?
    Cavaleiro de Santiago, e mestre taberneiro
    Monja/Monge que descobreu a vida pecadora
    Supernumerario superposto...
    Peregrino religioso/cultural
    Outro!

    Ver resultados
    Ver comentarios
    Sondeos ??.com
    Image Hosted by ImageShack.us free hit counter javascript
    As minhas estatísticas...

    Neko


    Powered by Blogger
    Creative Commons License
    Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.
    Assinar com Bloglines