Rematei
Non mo podo crer! Rematei os exames. E non só iso: Saquei todas!
33 creditos sacados con moita sudor, sangue e horas de estudo intenso, pero sacados de todas todas. E o ano que ben a traballar ainda mais. Ao final xa veredes como recupero o ritmo de traballo.
Ademais voume matricular en dous asignaturas de L.E. que pintan moi ben: "Econofísica" (Estudo da economía dende o punto de vista físico) e "Introducción á Lóxica formal" (O seu propio nome di todo). Ademais finiquitarei terceiro e poderei comezar o segundo ciclo. Iso se todo sae ben, pero síntome con forzas renovadas.
Ademais diso, antes de marchares de Santiago pasei por o COIE (Onde un matricúlase, pide as becas e todas esas cousas...) co gallo de coller o sobre de matricula e de pasada aproveitei para falar cunha amiga que teño alí. Non sei como foi a cousa pero comenteillo o problema que teño cun curso que fixen fai dous anos en Salamanca, e que a USC non me recoñecía (Suponse que val 3 créditos, pero aquí non me deron nen un). A cousa e que a muller estranouse moito e fixo unhas chamadas e é mais que provabel que mos convaliden. ¡Tres créditos mais polo papo! (Boeno, non, que o cursió foi intensivo durante unha semana enteira, de nove a nove...).
Esta visto que todos saeme ben!... alomenos nos estudos. No plano persoal xa é outra cousa ben distinta.