Imos tirando...
A pesares da dor de moas marchei a Fene, a pasar un dia con Carlinhos. Ensinoume o lugar e mais Ferrol, e coñecín a facultade onde vai ir o meu irmán (Soame ben raro dicilo! Meu irmán xa vai á universidade. Que rápido medran os condenados! ;) ). Ao final segue querendo facer Deseño Industrial, espero que se lle de ben.
Quedei en Fene mais tempo do que tiña previsto. Há unha greve de buses de Arriva e soiamente circulan a primeiriña hora da mañá e a derradeira do serán. Non me decaite cando merquei o billete, e quedeime tirado un dia enteiro. Mais aproveitei para pasalo ben e coñecer á familia do meu amigo.
En outra orde de cousas estiven a ler un artigo na Investigación y Ciencia sobre xerazón de anti-materia fria. É moi interensate. En canto teña mais ganas (estou un pouco desleigado) poño algunhas ligazóns de interese.
Dito!