Technorati Profile
O demo me leve
sábado, agosto 20, 2005
  Bo xeito de comezares...

A verdade e que este non é o mellor dia para comezares unha bitácora. Cando estou anoxado non me concentro e e teño o malo costume de descarregar a miña carraxe cando escrevo.

Non é só por a calor que vai, insoportavel, e que non teño ánimos para estudar o que realmente preciso. Ou que estea a ter algúns problemas coa miña nova instalazón do Ubuntu (A verdade é que é unha maravilla de sistema, pero ten algúns erros que non fan mais que amolarme). A cuestión é que hoxe, unha vez mais, decátome de pouco respecto que ten a xente para cos demais e o moito que enganan a aparenzas.

Poñédevos en situazón: Salón do Comic da Corunha Viñetas desde o Atlántico quedei ás doze cun amigo para ires recoller sinaturas e debuxos dos autores invitados. Eu tiña interese en só dous: Enrique Breccia e Mark Buckingham . O primeiro por toda a sua carreira, pero mais que nada por a sua obra mestra (ao meu ver) "Lovercraft"; e o segundo principalmente por a sua colaborazón en Dr. Strange. Como semellaba que o que mais quenda levaba era Breccia puxémonos os dous na sua, Buckingham podería agardar. Comezamos a falares coa xente da quenda sobre a exposizón, a obra dos autores. Vamos, o normal.

Pasado un tempo decatámonos de que a quenda non avanzaba ren. A razón era que Breccia adicaba moito tempo a cada debuxo, facendo verdadeiras maravillas. Ainda que éramos os derradeiros non nos preocupamos por o tempo. Nesto que un velliño, cunha libreta-cartafol nas mans pregúntanos se somos os últimos. Colócase ao noso carón, que non detrás, e alí queda. Neso chegou mais xente á quenda e xusto detrás nosa púxose unha rapaza coñecida, puxémonos a falares. Pois ben, cando nos decatamos o velliño puxérase diante nosa como se tal cousa. Ficámos uns intres apampados co papo que tiña o home, e cando imos decirlle algó o tipiño xa está a falar con Breccia (semellan dan mesma quinta) e a pasarlle mais e mais follas para que asine e asine e debuxe. Nós bufando coma demos, e protestando coa xente da ringleira e el coma se non fora cousa sua. O tipiño remata e ponse na quenda de Buckingham, xusto ao carón da nosa.

Ben, Breccia moi amavel fírmanos os libros, faime un debuxo incredivel no "Lovercraft" (Teño que escanealo e colgalo aquí) y danos un pouco de conversa. Pero rematamos rápido por non amolar aos demais que están a agardar. O meu amigo marcha a conseguir algo de Purita Pérez para a sua moza e eu póñome a agardar na de Buckingham. Xa era moi tarde, cousa das duas, e os da organizazón veñen cara nos e pregunta quen está na quenda. E salta o vello e dí que el é o último! Xa temos que saltar os outros tres e dicir que nós tamén estamos a agardar! Fechan a cousa en mi e din que procuremos pedir cousas sinxelas. Podédevos imaxinar que o vello fixo o mesmo que con Breccia, pediu moitas sinaturas e dous debuxos, e como o tipo non era quen de dicir que non alí se pasa un cuarto de hora. O vello marcha cun sorriso nos beizos e un debuxo de Estela Prateada enorme. Vaime tocar e... chega o da organizazón e di que teñen que fechar... .

Buckingham protesta, semella bo tipo, e di que non lle importa ficar un chisco mais, pero insistenlle en que xa é moi tarde e que teñen unha comida oficial e lévano case no ár. De moi bo rollo párase un intre con nos e pídenos perdón, co pouco que sabe de castelán, pero que non pode facer ren.

Agora está claro porque estou de mala hostia, ¿Non si? Brrrrr... vello do carallo....
 
Comments: Enviar um comentário



<< Home
"Si eu fixen tal mundo, que o demo me leve" Era o que dicía o deus de Curros Enriquez em "Mirand'o Chau". E pouco mais se pode dizer sobre o que acontece no mundo...

A minha foto
Nome:
Localização: Santiago de Compostela, Galiza









Image Hosted by ImageShack.us Apoiamos a Isaac Díaz Pardo


Image Hosted by ImageShack.us Get legal. Get OpenOffice.org

Arquivos
agosto 2005 / setembro 2005 / outubro 2005 / novembro 2005 / dezembro 2005 / janeiro 2006 / fevereiro 2006 / março 2006 / abril 2006 / maio 2006 / junho 2006 / julho 2006 / agosto 2006 /


Chuza news

As minhas chuzadas

Arte e desenho
Qui n'a pas appris à dire « elle et aucune autre » sait-il ce que c'est que l'amour ?Vincent van Gogh
  • Gatonegro
  • devianART
  • Aduaneiros sem fronteiras

  • Lingua, política e informaçom
    "O verdadeiro heroísmo consiste em trocar os anceios en realidades, as ideias em feito"-Castelao
  • VA-CA
  • AGAL
  • Arredemo!
  • Chuza!
  • Vieiros
  • Ediciós A RotondaEditora galega de livre distribuçom
  • Galicia Encantada

  • Ciência, Tecnologia e Sofware Ceive
    "The most exciting phrase to hear in science, the one that heralds new discoveries, is not 'Eureka!', but 'That's funny …"Isaac Asimov
  • Science A revista com maior contido em
  • SETI@home Um jeito de colaborares coa ciência dende casa
  • O GLUG Asociación de Usuarios de Linux de Galiza
  • Creative CommonsUm piar do "copi-ceive"
  • GNU Project O pai de tudo isto...

  • Ateismo, apostasia, sociedade laica e escepticismo
    "Je n'ai pas eu besoin de cette hypothèse" Pierre-Simon Laplace
  • James Randi Educational fundation
  • Sin Dioses
  • Concordato
  • Diario Ateista
  • Círculo Esceptico

  • Jogos de rol e em rede
  • Biblioteca de Cartago
  • O Tempo do CometaO projecto do amigo Gatonegro
  • As Crónicas de Gaidil Um futuro jogo galego. ogalha!
  • Ogame
  • Bite Fight

  • Blogues varios
  • Blogaliza Galego na rede!
  • Abril e revolução
  • Aranheira
  • A Regueifa
  • As tuas balas
  • A picara de Allegue
  • Cabaseria web
  • Carolate's Playground
  • Beliscos pequenos
  • Bretemas
  • Boedense
  • Carolate's Playground
  • Cinema Friki
  • decatroacatro
  • Dor na retina
  • Emerecindo
  • Estrela negra
  • Eueoseeuu
  • Facendome o sueco
  • Galego de seu
  • Intifada Gaiteira
  • Madeleine no espello
  • Nemeth
  • Lucensismo e outros males
  • Post Scriptum
  • Renas e veados
  • Sabela
  • Noite Subsahariana
  • Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com

    www.flickr.com
    Tawil Al Umr's photos More of Tawil Al Umr's photos
    Que disfarce levarias ao cristo que imos montar para a Apostasia?
    Cavaleiro de Santiago, e mestre taberneiro
    Monja/Monge que descobreu a vida pecadora
    Supernumerario superposto...
    Peregrino religioso/cultural
    Outro!

    Ver resultados
    Ver comentarios
    Sondeos ??.com
    Image Hosted by ImageShack.us free hit counter javascript
    As minhas estatísticas...

    Neko


    Powered by Blogger
    Creative Commons License
    Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.
    Assinar com Bloglines