Creazón de Anti-materia fria e xelados que desprenden raios Gamma...
Comentei o outro dia que lera un
artigo (se premedes podedes consultar un resumo na edizón americana da revista orixinal ) sobre a criazón de anti-materia fría en laboratorio. O artigo apareceu na
"Investigación y Ciencia" , a revistiña que me chucha 6 iuros ao mes... (
inda é mais caro o preve co peixe, que di o meu avo). E unha sinsete do traballo de
Graham P. Collins sobre os traballos dos grupos de traballo de
CERN sobre a materia: Os
ATRAP e os
ATHENA. Toda a búsqueda é co gallo de estudares a
violazón da Simetría CPT. Os anti-protóns criados coas técnicas actuais teñen unha enerxía meiranda da que poden confiar as trampas magnéticas a dispor da cienza actual. Ademais, anti-particulas tan veloces non se poden estudar de xeito útil no caso da simetría CPT.
Se vos interesa o tema vos recomendo o artigo, tede por seguro que deu para moita conversa entre os físicos asiduos ao meu piso (e que dara para mais). Ademais o tal Graham
e moi friki (e autor de sci-fi e fantasí, ademais de artigos científicos propiamente ditos) e non puido resistir a tentazón de incluir un recadriño falando das aplicacións espaciais da anti-materia.... moi moi interesantes....