Si "Tu es Petrus" q'o demo me leve...
Sempre que fala o papa dos católicos lembro-me das primeiras estrofes do poema de Curros que dai nome a esta blogue...
(Deus fita ao mundo e topa co Papa)
Debéu d'a atopalo,
S'o conto non mente,
Porqu' él d' ali á pouco
Quedóu com' a neve,
C'os ollos crabados
Que espantan e feren,
N'un bulto qu' iñoro
S' é de' home ou de verme.
Miróuno dispacio
E viu qu' era un ventre
C'oas sedas vestido
Máis ricas d' Oriente.
N'un sólio sentado
Qu' envidian os reises
Y-en capa revolto
De tépedas peles,
Ceibando saudabres
Arrotos d' henchente,
D'a terra, sua escrava,
Recoll' os presentes;
E si hay algun louco
Que, pobre ou rebelde,
Diñeiro non teña
Y-a dárllo se negue,
O ventre que, mudo,
Falar sabe as veces,
Con sólo que diga:
«¡Pauliña n'o herexe!»
O herexe é borrado
D'a lista d'a xente.
Mirand' este monstro,
Dios dixo entre dentes:
—Bah, bah!... Si «tu es Petrus,»
Q' o demo me leve.